La pretensió dela Xunta de Galícia  amb aquest itinerari sobre la competència TIC per al professorat és ajudar el professorat a conèixer el seu nivell de competència TIC perquè pugui inscriure en el curs del nivell que desitja assolir sabent que compta amb els coneixements previs necessaris per aconseguir-ho. Els qüestionaris d’autoavaluació es corresponen totalment amb els continguts dels cursos per a cada un dels cinc nivells de competència. A més, els coneixements que s’adquiriran al llarg de l’itinerari permetran homogeneïtzar bastant els diferents nivells de competència dins d’un mateix centre educatiu, el que possibilitarà que el professorat desenvolupi un treball coordinat.

No proceso de integración das TIC no sistema educativo galego detéctase a necesidade de proporcionar ao profesorado instrumentos de valoración para coñecer a propia competencia TIC docente e poder elixir dentro da oferta formativa aquelas actividades que mellor respondan ás súas necesidades. Esta motivación leva á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a establecer un marco de referencia baseado en catro dimensións:

En relación con estas dimensións establécense cinco niveis de competencia TIC, que se medirán en base a uns indicadores para cada unha das dimensións:

Dins el  Sistema de xestión da formación do profesorado, Plan anual: Curso académico 2012/2013 podem trobar les 95 activitats presencials i telemàtiques dirigides a l’entorn de les “Texnoloxías da información e da comunicación (TIC )”. Podem trobar al menys 3 nivells:

A.- Nivel básico en tecnoloxías da información e da comunicación

Obxectivos:

  • 1.Adquirir unha competencia básica no coñecemento instrumental e uso das tecnoloxías da información e da comunicación na docencia, recoñecendo e valorando a súa relevancia didáctica.
  • 2.Xestionar a nivel básico os contornos e espazos de aprendizaxe coas tecnoloxías da información e da comunicación dun xeito seguro e respectando a privacidade.
  • 3.Aplicar a nivel básico as tecnoloxías da información e da comunicación para a mellora da xestión escolar.

Contidos

  • 1.Coñecemento e utilización básica dos elementos dunha aula equipada con tecnoloxías da información e da comunicación: webcam, cámara dixital, escáner, encerado dixital interactivo e servidor de centro.
  • 2.Organización e personalización do contorno de traballo en local e en rede. Coñecemento e uso básico de presentacións, folla de cálculo e redes sociais.
  • 3.Planificación e desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe empregando as tecnoloxías da información e da comunicación.
  • 4. Programación con actividades de tecnoloxías da información e da comunicación, contidos dixitais, software educativo.
  • 5.Mellora da xestión escolar utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación, manexando dun xeito básico programas de xestión de centro, servizos de internet e procedementos para a comunicación coas familias.
  • 6.Participación en plataformas de aprendizaxe para acadar ou mellorar as competencias dixitais.

B.- Nivel medio en tecnoloxías da información e da comunicación

Obxectivos:

  • 1.Adquirir unha competencia de nivel medio no coñecemento instrumental e uso das tecnoloxías da información e da comunicación na docencia, recoñecendo e valorando a súa relevancia didáctica.
  • 2.Xestionar a nivel medio os contornos e espazos de aprendizaxe coas tecnoloxías da información e da comunicación coñecendo as principais técnicas e implicacións do seu uso na educación.
  • 3.Aplicar a nivel medio as tecnoloxías da información e da comunicación como apoio nas tarefas administrativo-docentes.

Contidos:

  • 1.Uso da aula virtual. Coñecemento e utilización normal dos elementos dunha aula equipada con tecnoloxías da información e da comunicación. Dispositivos e periféricos (encerado dixital interactivo e servidor de centro).
  • 2.Acceso e tratamento da información, ferramentas de comunicación e colaboración. Wikis, aulas virtuais, mapas conceptuais, lectores de feeds, creadores de podcast, ferramentas de autor.
  • 3.Xestión de contornos e espazos de aprendizaxe empregando as tecnoloxías da información e da comunicación.
  • 4.Mellora da xestión escolar utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación. Programas e plataformas de xestión. Moodle, Google Apps.
  • 5.Proxectos de autoformación, implicación activa do alumnado, titorización da aprendizaxe.

 

C.-Nivel avanzado en tecnoloxías da información e da comunicación

Obxectivos:

  • 1.Adquirir unha competencia de nivel avanzado no coñecemento instrumental e uso das tecnoloxías da información e da comunicación na docencia, recoñecendo e valorando a súa relevancia didáctica e a súa utilidade na aprendizaxe colaborativa.
  • 2.Xestionar a nivel avanzado os contornos e espazos de aprendizaxe implementando experiencias e creando ambientes de aprendizaxe enriquecidos coas tecnoloxías da información e da comunicación, avaliando o seu impacto e propoñendo novas modal
  • 3.Aplicar a nivel avanzado as tecnoloxías da información e da comunicación como apoio nas tarefas administrativo-docentes e para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.

Contidos

  • 1.Coñecemento e utilización dos elementos dunha aula equipada con tecnoloxías da información e da comunicación. Xestión e administración avanzada da rede e do sistema operativo. Realización de tarefas de mantemento básico.
  • 2.Desenvolvemento de aplicacións educativas con diferentes e diversas ferramentas de autor. Interacción con persoas e con colectivos diversos en contornas plurais e multiculturais.
  • 3.Produción de mensaxes multimedia con procedementos propios de vídeo, fotografía, animación, banda deseñada, audio, texto.
  • 4.Coñecemento e utilización de diferentes estratexias metodolóxicas para a inserción das tecnoloxías da información e da comunicación no deseño curricular como aprendizaxe colaborativa baseada en proxectos.
  • 5.Aplicación de procedementos e instrumentos de avaliación do impacto das tecnoloxías da información e da comunicación nos procesos de ensino-aprendizaxe.
  • 6.Mellora da xestión escolar utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación. Emprego a nivel avanzado de programas e plataformas de xestión.
  • 7.Dispoñibilidade persoal e coñecemento de técnicas para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación